Renta Básica Universal

Presentación en Galicia do libro "Renta Básica: una herramienta de futuro" de Julen Bollain

Os días 21 e 22 de xaneiro Julen Bollain presenta o seu último libro nas cidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Estas presentacións en Galicia súmanse ás presentacións xa realizadas en Madrid, Barcelona, Valencia, Córdoba e Eibar.
Presentación en Galicia do libro "Renta Básica: una herramienta de futuro" de Julen Bollain
Renta básica (A Coruña)
Renta básica (A Coruña)

Datas das presentacións:

  • Venres 21 de xaneiro ás 20:00: Santiago de Compostela (Libraría Follas Novas). Con Concha Fernández 
  • Sábado 22 de xaneiro ás 12:00:  Vigo (Libraría Librouro)
  • Sábado 22 de xaneiro ás 19:00: A Coruña (A Tobeira de Oza)

Entrada libre ata completar aforo.

O libro

Na próxima década enfrontarémonos a uns cambios que nunca antes coñecemos e farémolo cunha herdanza nefasta: danos económicos, ambientais e cunha maioría social que sufriu un perpetuo empeoramento das súas condicións materiais desde a crise do ano 2008. O obxectivo é claro: repensar e modernizar o noso modelo económico e social. Para iso necesitamos buscar solucións que dirixan a mirada cara a cambios estruturais de impacto global. É hora de quitarnos de encima a inercia e o  conservadurismo que dominaron as decisións políticas das últimas décadas e apostar por ideas frescas que nos abran as xanelas cara a un futuro de progreso económico e social. O presente, e sobre todo o futuro, non pode ser afrontado coas mesmas vellas políticas do pasado. E é precisamente neste escenario onde a renda básica perfílase como unha das medidas realizables que pode ofrecer solucións aos grandes retos que temos que afrontar no século  XXI.

Como este libro explica con detalle, os problemas asociados aos subsidios condicionados son dunha natureza coñecida desde hai décadas en distintos lugares da Unión Europea e nas comunidades autónomas de España.

https://www.edmilenio.com/esp/renta-basica-una-herramienta-de-futuro.html 
 

O autor 

Julen Bollain (1990) é doutor en Estudios sobre Desarrollo e profesor na Universidade de Mondragón. É un economista especializado en renda básica incondicional que frecuentemente participa en programas de televisión e de radio, así como autor de artigos en diversos xornais e revistas. Foi deputado de Elkarrekin Podemos no Parlamento Vasco (sendo o parlamentario máis novo) na lexislatura 2016-2020.

Máis información sobre Julen Bollain:

Presentación en Galicia do libro "Renta Básica: una herramienta de futuro" de Julen Bollain