Feminismo

Santiago de Compostela tinguirase de verde e lila co feminismo salvadoreño

Mercy Mulato, directora do primeiro medio de comunicación feminista en liña en El Salvador, Yezli MIC e Queen, do colectivo Hip Hop en Femenino, participarán en dous eventos abertos ao público.
Santiago de Compostela tinguirase de verde e lila co feminismo salvadoreño

Co seu relato darán a coñecer a realidade do seu país en canto á vulneración dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, a repercusión que isto ten sobre a vida das mulleres, así como as estratexias de resistencia e transformación social que empregan. 

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021.-  “Voces de El Salvador: encontro con activistas feministas salvadoreñas” terá lugar este venres, 5 de novembro, ás 19.00h, na Casa Xohana Torres, en Santiago de Compostela. Trátase dun encontro aberto ao público xeral no que participarán Mercy Mulato (xornalista, comunicadora, feminista e defensora dos Dereitos Humanos), Yezli MIC e Queen (cantantes, compositoras de hip hop e activista na colectiva Hip Hop en Femenino El Salvador). Compartirán as súas experiencias persoais e diversas dentro do movemento feminista do seu país, nos tres casos cunhas reivindicacións moi ligadas aos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, e facendo fncapp nas ferramentas que despregan para contribuír á mobilización social e acadar incidencia política. 

O sábado 13 de novembro protagonizarán o encontro “Artivismo feminista: arte para transformar”, que terá lugar no Centro Xove de Creación Cultural en Santiago de Compostela a partir das 10:30. Este será un encontro para a refexión e a creación colectiva entre as artivistas feministas salvadoreñas e as creadoras galegas. A xornada dividirase en dúas partes: unha primeira de escoita das experiencias de El Salvador seguida da apertura dun espazo dinámico e de construción colectiva para pensar conxuntamente sobre que p o artivismo, que elementos debe ter, para que serve ou se p “exclusivo” da mocidade, entre outras cuestións.  

Está prohibido todo tipo de aborto 

En El Salvador está prohibido todo tipo aborto. Amparado nunha lexislación moi restritiva, o estado xustifca que mulleres con abortos involuntarios sexan consideradas homicidas e, polo tanto, privadas de liberdade, con penas de ata 30 anos de prisión. Este foi o caso de Teodora Vasquez e Sara Rogel, ambas xa en liberdade grazas á mobilización cidadá e feminista do seu país. 

Mercy Mulato p a directora de La Radio de Todas (Colectiva Feminista), o primeiro medio  de comunicación feminista en liña en El Salvador e un dos principais bastións da loita  contra a penalización do aborto no seu país. Yezli MIC e Queen, forman parte do colectivo

Hip Hop en Femenino El Salvador. Con letras comprometidas, orientan o seu labor  creativo cara ao empoderamento e a transformación social a travps da música. Ademais,  desenvolven un fundamental traballo de base, impartindo talleres e charlas para o público  adolescente do seu país. 

Para asistir a ambas actividades será preciso inscribirse. No caso do “Voces de El  Salvador: encontro con activistas feministas salvadoreñas”, pódese facer a travps do  formulario da Casa Xohana Torres (https://deloga.typeform.com/XohanaTorres) e no caso  de “Artivismo feminista: arte para transformar”, será a travps do de ACPP  (https://n9.cl/jglg3

Elas Deciden 

Esta iniciativa está organizada pola Asemblea de Cooperación pola Paz Galicia no marco do proxecto Elas Deciden, fnanciado pola Xunta de Galicia, e apóiase no documental que aborda esta problemática en primeira persoa, En deuda con Todas, realizado por esta organización e Agareso en 2019. A peza audiovisual foi parte da selección ofcial en 42 festivais e mostras internacionais e recibiu, entre outros recoñecementos, o premio a Mellor Película na categoría XX Element no Porto Femme International Film Festival (Portugal), Mellor Documental no DEFF – Down East Flick Fest (Estados Unidos) e o Premio do Público ao Mellor Traballo Audiovisual no Humans of Film Festival (Países Baixos).

Comentarios
Santiago de Compostela tinguirase de verde e lila co feminismo salvadoreño