Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Alertan de que Vigo pode perder unha oportunidade única para renaturalizar o Lagares

Ecoloxistas en Acción Vigo lamenta que se perda unha oportunidade única para renaturalizar o río Lagares aproveitando a financiación que pon a disposición para isto o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

Alertan de que Vigo pode perder unha oportunidade única para renaturalizar o Lagares
Presentación do Plan de Renaturalización do Río Lagares
Presentación do Plan de Renaturalización do Río Lagares

No BOE do pasado martes, 21 de decembro, publicouse a Orde Ministerial que habilita 75 millóns de euros para a  renaturalización de tramos urbanos de ríos. Dita orde establece que se financiará directamente aos concellos que presenten proxectos de  renaturalización dos tramos urbanos dos seus ríos.

A cantidade mínima de cada proxecto  seleccionable será de 500.000€, ata un máximo de 4.000.000€, e financiarase ata o 95% da execución do mesmo. Para poder optar ao concurso é necesaria a presentación dun anteproxecto, servindo como tal o proxecto de renaturalización do Lagares presentado por Ecoloxistas en Acción Vigo. Incluso na orde indícase que se puntuará favorablemente o apoio de organizacións ecoloxistas aos proxectos presentados.

Ecoloxistas en Acción expuso públicamente en outubro o seu proxecto de renaturalización do río Lagares ao seu paso por Vigo, e posteriormente presentouno ao organismo competente da cunca, Augas de Galicia, e a forzas políticas con representación no Concello de Vigo e no Parlamento galego. Pero, a pesar de ter insistido reiteradas veces na solicitude dunha reunión con representantes do goberno municipal, aínda non tiveron resposta do Concello de Vigo.

Ecoloxistas en Acción considera que é urxente e prioritario  renaturalizar o río Lagares ao seu paso pola cidade de Vigo. Por iso elaborou o Plan de naturalización e restauración ambiental do río Lagares, unha proposta que abrangue ao tramo urbano que discorre desde o cruzamento coa avenida de Madrid (A-55/ N-120) ata a contorna da Xunqueira, xa na súa desembocadura, tratándose dun tramo de 8 km.

Ecoloxistas en Acción pretende con este proxecto mellorar a función natural de gran estrutura paisaxística do ecosistema asociado ao río Lagares, conscientes en todo momento do ámbito marcadamente urbano no que se atopa o tramo obxecto de actuación. Trátase, din,  dunha proposta realista e viable que non produce alteración negativa algunha desde o punto de vista hidráulico no leito actual, e que pretende dotar a este tramo dunha maior calidade ecolóxica e paisaxística.

Preténdese ademais que o actual leito do río véxase enriquecido nas súas beiras mediante a mellora da vexetación de ribeira existente que, como é ben sabido, son un compoñente ambiental esencial, desempeñando unha serie de funcións moi relevantes no ecosistema fluvial.

Ecoloxistas en Acción lamenta a falta de resposta do goberno municipal, xa que pódese perder unha gran oportunidade tendo a disposición os fondos do Miterd con só presentar o proxecto realizado pola organización ecoloxista. Anuncian que seguirán insistindo porque agardan que finalmente o Concello de Vigo teña a sensibilidade ambiental e social necesaria para levar a cabo este plan, xa que están convencidos de que contribuiría a mellorar a calidade de vida da poboación local.

Alertan de que Vigo pode perder unha oportunidade única para renaturalizar o Lagares