Stop eólicos Xurés Celanova | nota de prensa

Stop Eólicos Xurés Celanova exixe cambiar o idioma nun documento que a promotora do PE Monte da Neve presentou en inglés

A plataforma lembra que a documentación debe estar nunha lingua oficial na Galiza e reclama que se amplíe o prazo de alegacións unha vez que se corrixa un erro que obstaculiza a participación pública.

Stop Eólicos Xurés Celanova exixe cambiar o idioma nun documento que a promotora do PE Monte da Neve presentou en inglés
Aeroxeradores en San María de Cexo, Verea. Polígono veciño do proxecto no Monte da Neve
Aeroxeradores en San María de Cexo, Verea. Polígono veciño do proxecto no Monte da Neve

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA tamén tramitou a queixa diante da Valedora do Pobo, e da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

A plataforma STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA rexistrou no Concello de Celanova onte, luns 27 de decembro de 2021, un escrito dirixido á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación advertindo do uso dun idioma NON oficial na Galiza na documentación que se somete a información pública no proxecto de central eólica Monte da Neve entre Celanova e Verea.

A documentación é resultado do acordo do 1 de decembro de 2021 da Xefatura Territorial de Ourense, sobre as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Monte da Neve e liña de evacuación, situado nos concellos de Celanova e Verea, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/102), DOG Núm. 236, de 10 de decembro de 2021.

STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA sinala que o anexo número 14 referido ás características técnicas do modelo de aeroxerador previsto, e que se incorpora como parte do Estudo de Impacto Ambiental, está en lingua inglesa. A lingua inglesa non é lingua oficial na Galiza, polo que se dificulta a participación pública no procedemento de alegacións, indica a plataforma e reclama que se corrixa ese erro e se amplíe o prazo de alegacións máis alá do 25 de xaneiro para facilitar o trámite de alegacións que se sostén a participación pública neste tipo de procedementos.

A plataforma STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA tamén recorreu á MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. A través da 'Liña do galego' formalizouse a denuncia polo uso dunha lingua NON oficial nun documento a exposición pública. A MESA informou a pasada semana que xa deu curso á queixa diante da Valedora do Pobo, e tamén da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Stop Eólicos Xurés Celanova exixe cambiar o idioma nun documento que a promotora do PE Monte da Neve presentou en inglés