Anova | nota de prensa

Anova exixe protección para a Costa da Morte ante a avalancha de eólicos

Non se pode permitir que se pretenda duplicar o número de parques eólicos sen uha avaliación conxunta dos seus efectos na comarca e nos sectores dos que depende o seu futuro

Anova exixe protección para a Costa da Morte ante a avalancha de eólicos

“Si o goberno galego tivera dedicado unha pequena parte do esforzo que se ten feito para deseñar este atraco aos recursos naturais, en fortalecer o desenvolvemento económico local, os datos do desemprego, de renda dispoñible ou demográficos da comarca serían outros dos que se utilizan para defender a instalación de proxectos de economía extractivista, que non fixeron máis que agravar a situación”, manifestou Antón Sánchez.

Cando na actualidade hai 24 parques eólicos instalados e unha potencia instalada de máis de 200 MW, tramítanse na Costa da Morte nestes momentos outros 22 proxectos que multiplicarían por 3 a potencia instalada, o que convirte a esta comarca na máis ameazada dun país que sofre unha avalancha eólica sin precedentes.

Eses 22 parques que se pretenden instalar, e que terán efectos ambientais, paisaxísticos e territoriais evidentes, tramítanse sen facer unha avaliación conxunta dos seus efectos a curto, medio e longo prazo, e sen inserilos nunha planificación pública dun desenvolvemento sostible da comarca que teña en conta a compatibilidade desta invasión con sectores fundamentais como son o sector primario e o turismo.

Un turismo que queda sensiblemente afectado, e o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía queda directamente laminado xa que unha rota en pleno crecemento aparecerá como un camiño inzado de muiños e instalacions adxacentes.

Os impactos no territorio, dos 25 parques eólicos en tramitación, veñen dados polo modelo eólico imposto dende a Xunta de Galicia, sen participación veciñal, cunha normativa obsoleta e feita a medida dos intereses das eléctricas, e coa xestión en mans das grandes corporacións.

A gran maioría dos parques ubícanse en lugares de alto valor ambiental paisaxístico ou nas súas inmediacións, como os que se proxectan nas Salgueiras, ou nos penedos de Pasarela e Traba, sen que se teña levado a cabo a ampliación da Rede Natura demandada dende hai anos por Europa, e incluso prometida polo goberno galego.

Dende Anova esiximos á Xunta de Galicia a paralización inmediata das tramitacións e que adopte unha visión comarcal na implantación de renovables e demandamos aos concellos que esixan esta planificación imprescindible para o futuro e a paralización inmediata das tramitacións para que non se produzan efectos irreversibles como desgrazadamente sí se produciron nos últimos tempos en parques como o de Mouriños, en Cabana de Bergantiños, que afectou na Serra do Gontón a lugares de alto valor paisaxistico.

Si ben o goberno galego leva anos traballando para beneficiar ás eléctricas, semella que o goberno español non aposta por un modelo alternativo e tamén tramita 5 parques de máis de 50 Mws, e é por éso que lle esiximos tamén que paralice as tramitacións que xestiona si realmente quere apostar pola  sostenibilidade na zona.

En Anova cremos que non se pode obviar a historia de esquecemento das administracións con respecto ao desenvolvemento económico da comarca, ao marxe ds súas políticas, e utilizada fundamentalmente para o espolio dos seus recursos naturais.

“Si o goberno galego tivera dedicado unha pequena parte do esforzo que se ten feito para deseñar este atraco aos recursos naturais, en fortalecer un desenvolvemento económico local, os datos do desemprego, de renda dispoñible ou demográficos da comarca serían outros dos que se utilizan para defender a instalación de proxectos de economía extractivista, que non fixeron máis que agravar a situación”, manifestou Antón Sánchez.

Nin un plan de desenvolvemento económico, nin medidas para fixar poboción, nin conexión ferroviaria.A única política do goberno galego coa Costa da Morte é subastar as súas riquezas naturais.

O voceiro de Anova manifestou que “a Costa da Morte precisa de políticas pensadas para o desenvolvemento económico endóxeno, que xere emprego local e que non hipoteque o seu futuro coas agresións ambientais e da paisaxe e contar cun modelo eólico máis xusto e participativo, onde o autoconsumo e a producción a pequena escala sexan principios básicos, a xestión. A invasión eólica en mans de fondos voitre, bancos, constructoras e eléctricas é xusto o contrario.Impactos a cambio de pouco emprego e poucos beneficios.”

Por íso é imprescindible a paralización desta avalancha de proxectos para que, entre as administracións e poboación local se poida planificar un futuro en función do interese público da Costa da Morte e non do interese da porta xiratoria do PP.

Anova exixe protección para a Costa da Morte ante a avalancha de eólicos