Ecoloxistas en Acción | nota de prensa

Denuncian o fraude das Bandeiras Azuis como galardón ambiental

Ecoloxistas en Acción denuncia que as Bandeiras Azuis son un mero reclamo turístico e non cumplen os requisitos mínimos de rigor, solvencia e independencia como pretendido galardón a unha verdadeira estión ambiental e conservación dos fráxiles sistemas costeiros.

Denuncian o fraude das Bandeiras Azuis como galardón ambiental
Bandeira azul
Bandeira azul

A provincia de Pontevedra é historicamente unha das máis galardonadas con Bandeiras Azuis alcanzando este ano os 58 galardóns. Nembargantes, sinala a organización ecoloxista, as Rías Baixas acumulan anos de contaminación pola deficiente xestión das augas de refugallo, incumplindo así o principal requisito dos galardóns: "unha calidade excelente das augas de baño". Os informes de Augas de Galicia recollen incumplimentos dos EDAR da maioría dos nucleos urbanos da provincia, desde o máis grave, o EDAR de Placeres en Pontevedra, até o de Goian, pasando polo de Soutomaior, Teis e Lagares en Vigo ou mesmo o de Nigrán. Ecoloxistas en Acción denuncia que as bandeiras azuis otorgadas atópanse espalladas por estos municipios que verten ao mar augas fecais sen o axeitado tratamento.

Desde Ecoloxistas en Acción se preguntan que tipo de análise das augas se fan cando até se otorgan galardóns a praias situadas na ría de Pontevedra. Unha ría altamente contaminada tanto polo moi deficiente funcionamento da estación depuradora de augas residuais de Praceceres como polas verteduras de residuos industriais. Resaltan o escándalo que envolveu este ano a factoría de Ence en Lourizán polos altos índices de concentración de mercurio atopados nas augas subterraneas que verten na ría de Pontevedra. Alertan que se está incumplindo flagrantemente outro dos supostos requisitos ambientais esenciais deste galardón: “ausencia de verteduras industriais, de augas residuais e doutro tipo de substancias contaminantes ou lixos, que poden afectar ou a praia ou á súa contorna”.

Indican que non é a única das esixencias destos galardóns que se incumple. Segundo o regulamento das Bandeiras Azuis as algas ou calquera outro tipo de vxgetación que se atope na praia no debe recollerse na medida en que a súa acumulación e podredumbre no sexan claramente molestas e insalubres. As ecoloxistas levan verán trás verán denunciando a agresiva limpeza que fan a maioría dos concellos pontevedreses dos seus arenais. Limpeza que se leva a cabo a diario con maquinaria pesada arramblando coas algas depositadas e con toda a biodiversidade que atoupa refuxio ou alimento nelas.

Ecoloxistas en Acción lembra que as Bandeiras Azuis son otorgadas por unha fundación privada e que remataron sendo un mero indicador da existencia de servizos para os bañistas e non deben exhibirse como  ecoetiquetas. Ondearan as bandeiras azuis e os bañistas disfrutarán de certos servizos e infraestructuras, pero a calidade das augas e o respecto aos ecosistemas e a súa biodiversidade brilará pola súa ausencia un ano máis

Comentarios
Denuncian o fraude das Bandeiras Azuis como galardón ambiental