Eleccións Xerais

Na apertura da campaña das xerais na Coruña, o BNG remarca que o voto nacionalista ten un “dobre valor”, o de defender os intereses de Galiza no estado e o de frear o avance combinado do PP e a ultradereita

Unha candidata e dous candidatos tomaron a palabra no acto co que o BNG abriu a campaña das xerais na Coruña, na praza da Fariña. Foron Iria Taibo, número 3 da lista nacionalista ao Congreso, Nacho Siota e Carlos Babío, candidatos á cámara baixa e ao Senado, respectivamente.
Na apertura da campaña das xerais na Coruña, o BNG remarca que o voto nacionalista ten un “dobre valor”, o de defender os intereses de Galiza no estado e o de frear o avance combinado do PP e a ultradereita
Descubrindo o cartel de Néstor Rego
Descubrindo o cartel de Néstor Rego

Taibo, Siota e Babío puxeron o acento en que o voto ao BNG o próximo 23 de xullo ten un “dobre valor”, o de defender os intereses da Galiza no Estado – nunca ben atendidos polos partidos de ámbito estatal que se turnan na Moncloa- e o de servir de dique de contención fronte ao bipartito que preparan PP e Vox.

Neste último sentido, lembraron que en 2019 foi precisamente o escano do BNG logrado na circunscrición da Coruña o que impediu que Vox se fixese cunha acta no Congreso.

Na súa intervención, Iria Taibo –militante do BNG de Oleiros- rendeu tributo ao traballo realizado durante esta lexislatura por Néstor Rego, número 1 da candidatura nacionalista, no Congreso. “Foi incansábel e verdadeiramente útil para Galiza”.

Taibo mostrouse convencido de que o desempeño de Rego se verá recompensado “co apoio multiplicado de todas as persoas que pensan que precisamos ter quen mire por nós, tanto desde a perspectiva de país como do avance social e da loita contra o fascismo”.

Foron moitas as demandas que Rego levou ao Congreso en relación á nosa cidade e comarca, destacou Taibo, entre elas a reiterada petición de o Estado condonar a débeda que pesa sobre o porto da Coruña, tal e como si se fixo co débito que arrastraba a dársena de València.