Esquerda Unida | nota de prensa

Esquerda Unida da Coruña apoia e participará na mobilización en defensa dun tren eficiente, sostible, social e público o próximo 22 de outubro ás 19h na praza de San Cristóbal da Coruña

A Coordinadora Galega polo Tren Público, Social e Sostible defende a necesidade de mudar o modelo de transporte público, apostando pola eficiencia, o medioambiente e a vertebración do territorio, revertendo a súa paulatina privatización.
Esquerda Unida da Coruña apoia e participará na mobilización en defensa dun tren eficiente, sostible, social e público o próximo 22 de outubro ás 19h na praza de San Cristóbal da Coruña

Carmen Armada, coordinadora local de EU Coruña, lembra tamén que “o ferrocarril é fundamental para achegar ao rural o acceso á educación e sanidade, repoboar o país baleirado, ou incluso darlles vía de saída ás mulleres que sofren violencia de xénero”

21 de outubro de 2021. Esquerda Unida da Coruña apoia e participará na mobilización en defensa dun tren que vertebre o territorio e arrefríe o planeta, o próximo venres 22 de outubro ás 19:00h na Praza de San Cristóbal (fronte á Estación de Tren) da Coruña, ao mesmo tempo que na Estación de Guixar en Vigo. As mobilizacións, promovidas en Galicia pola Coordinadora Galega polo Tren Público, Social e Sostible, e desenvolvidas en todo o país ao longo desta semana entre o 18 e o 22 de outubro, contarán co apoio e participación da militancia de Esquerda Unida.

Esta iniciativa, xurdida ao carón da declaración do ano 2021 como “Ano Europeo do Ferrocarril”, defende a necesidade de apostar por un cambio profundo no modelo do transporte público que sexa máis eficiente e sostible, apostando polas enerxías ronovables cuio aumento tamén no transporte de mercancías reverta no medio ambiente ao reducirse as emisións de CO2 xeradas polo transporte por carretera, que sexa asequible para todas e ao mesmo tempo xere emprego público estable e de calidade, e que vertebre o territorio mediante a complementación radial con líneas transversais chegando a lugares menos poboados ademáis das grandes cidades, apostando polo tren de cercanías e de media distancia (que empregan o 96% de viaxeiros do ferrocarril). Pero, sobre todo, é imprescindible reverter o proceso de desmantelamento e liberalización das liñas ferroviarias, así como a privatización do transporte público que é patrimonio de todas e non dos mercados.

Carmen Armada, Coordinadora Local de EU Coruña, afirma que “sendo o tren un dos modos de transporte máis limpos e eficientes que existen, sorprende a escasa vontade política por melloralo e implementar o seu emprego; ademáis, é un medio fundamental para achegar ao rural o acceso á educación e sanidade, repoboar o país baleirado, ou incluso para darlles vía de saída ás mulleres que sofren violencia de xénero”.

Esquerda Unida da Coruña apoia e participará na mobilización en defensa dun tren eficiente, sostible, social e público o próximo 22 de outubro ás 19h na praza de San Cristóbal da Coruña