Eleccións Galicia

Queixas compromete o apoio do BNG aos mariscadores da Ría do Burgo para estender as axudas durante o paro biolóxico

A número dous da candidatura do BNG por A Coruña, Mercedes Queixas, reuniuse co patrón maior da Confraría de Pescadores da Coruña e mariscadores da Ría do Burgo. Comprometeu o apoio do BNG para estender as axudas aos mariscadores durante os case 2 anos en que non se poderá faenar, despois da semente do marisco realizada en abril.
Queixas compromete o apoio do BNG aos mariscadores da Ría do Burgo para estender as axudas durante o paro biolóxico
Encontro BNG Mariscadores Ría do Burgo
Encontro BNG Mariscadores Ría do Burgo

Mercedes Queixas, número dous da candidatura do BNG por A Coruña, mantivo un encontro crucial esta mañá co patrón maior da Confraría de Pescadores da Coruña, Javier Mariñas, e mariscadores da Ría do Burgo. A reunión, celebrada na sede do pósito no porto de Oza, centrouse na situación dos mariscadores ante o paro biolóxico derivado da semente realizada en abril deste ano.

Durante a xuntanza, Queixas comprometeu o apoio do BNG para que se estendan as axudas aos mariscadores durante os case 2 anos en que non poderán faenar plenamente na Ría do Burgo. Mariñas, patrón maior, estima que o prazo necesario para a plena produtividade será de dous anos, tempo en que as axudas son esenciais para a supervivencia do colectivo.

As axudas, inicialmente concedidas durante a dragaxe, deberían prolongarse durante todo o período en que non se poida realizar a faena. Queixas salientou que o BNG loitará polos intereses dos mariscadores e que o futuro goberno liderado por Ana Pontón negociará co Estado para garantir a continuidade das axudas.

A cuestión sobre que administración debe asumir as axudas durante este paro biolóxico forzoso ten sido motivo de debate entre Estado e Xunta. Queixas sublinou que, máis alá desta disputa, o fundamental é protexer o colectivo de case 100 persoas. “O Goberno galego ten que liderar o proceso e sentarse a negociar co Estado. A estratexia de confrontación é estéril. Que saiban os mariscadores que un Goberno galego liderado por Ana Pontón non os vai deixar desamparados”, declarou a candidata nacionalista ao rematar a reunión.

Queixas compromete o apoio do BNG aos mariscadores da Ría do Burgo para estender as axudas durante o paro biolóxico