#Herederxs de Atlas
Mulleres colleiteiras: reciclando aceite usado e moito máis
Falamos con Susana Peña e Sofía, coordinadoras de Mulleres Colleiteiras, unha realidade que partió do proxecto de Arquitectura Sen Fronteiras no seu traballo nos asentamentos chabolistas de As Rañas e A Pasaxe.
25 ago 2022
O proxecto "Mulleres Colleiteiras" ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, realizado por mulleres en situación de exclusión social, como medio para incorporarse ao sector formal de autoemprego, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso.