Día das Forzas Armadas

Galiza Nova desprega unha pancarta xigante en Vigo cunha imaxe invertida de Felipe VI en rexeitamento ao desfile militar

A organización xuvenil escenifica na Praza da Estación o seu rexeitamento á exhibición do Exército español e do "réxime monárquico", mentres convoca unha gran mobilización para este sábado.
Galiza Nova desprega unha pancarta xigante en Vigo cunha imaxe invertida de Felipe VI en rexeitamento ao desfile militar
Pancarta Galiza Nova
Pancarta Galiza Nova

VIGO, 26 de maio de 2026. A organización xuvenil Galiza Nova realizou esta tarde unha vistosa acción de protesta na Praza da Estación de Vigo, onde despregou unha faixa xigante de rexeitamento ante a inminente celebración do desfile do Día das Forzas Armadas na cidade. A pancarta, coroada coa mensaxe "Non á guerra imperialista. A mocidade galega pola paz e a soberanía!", chamou a atención de viandantes e condutores ao incluír unha imaxe de grandes dimensións do rei Felipe VI colocada do revés.

Dende a organización nacionalista explicaron que a utilización da imaxe invertida do monarca simboliza o "rexeitamento total" da mocidade galega á monarquía española como máxima autoridade duns exércitos "submisos á OTAN e ao imperialismo". Así mesmo, os voceiros da formación denunciaron abertamente o gasto millonario que supón este despregamento militar, especialmente nun contexto de fonda precariedade que afecta de xeito directo ás clases populares e á mocidade do país.

Con esta acción simbólica no corazón de Vigo, Galiza Nova quixo quentar motores e facer un chamamento masivo á mocidade galega para que participe de forma contundente na mobilización que terá lugar este vindeiro sábado, 30 de maio, a partir das 12:00 horas, con saída dende a Vía Norte.

Galiza Nova desprega unha pancarta xigante en Vigo cunha imaxe invertida de Felipe VI en rexeitamento ao desfile militar