Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Nove candidaturas aspiran ao Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos 2024

A rede galega de colectivos Acampa presenta nove candidaturas destacadas pola súa labor na defensa dos Dereitos Humanos, tanto a nivel internacional como en Galicia. Entre as nomeadas, figuran personalidades como Greta Thunberg, organizacións como Médicos Sen Fronteiras e entidades galegas como a Fundación Secretariado Gitano.
Nove candidaturas aspiran ao Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos 2024
Recoñecemento Acampa. Pieza creada por Pilar Subías
Recoñecemento Acampa. Pieza creada por Pilar Subías

O Movemento Acampa anunciou as nove candidaturas que compiten polo Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos 2024. As candidaturas, tanto a nivel internacional como galego, destacan polo seu compromiso e traballo en diversas áreas da defensa dos Dereitos Humanos.

A nivel internacional, figuran destacadas personalidades e organizacións:

- Greta Thunberg: Reconecida polo seu liderado na defensa do planeta, simbolizando a loita contra a crise climática e as súas consecuencias nas comunidades máis vulnerables.

- UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos): Pela súa dedicación ao longo de sete décadas atendendo ás persoas refuxiadas palestinas, especialmente no contexto do recente ataque a Gaza por parte de Israel.

- Wael Al-Dahdouh: Xornalista palestino que, a pesar das persoais traxedias vividas, continúa informando ao mundo sobre a situación en Gaza.

- Haydée Castillo: Activista e defensora dos Dereitos Humanos de Nicaragua, exiliada política nos Estados Unidos e víctima da persecución do goberno de Daniel Ortega.

- Bisan Owda: Cineasta e xornalista palestina que retransmite en directo o xenocidio que está a vivir o seu pobo en Gaza.

- Médicos Sen Fronteiras: Organización non gobernamental que destaca polo seu traballo na atención á poboación civil vulnerable en contextos de conflito, con especial mención á súa labor en Gaza.

As tres candidaturas a nivel galego son:

- AGA-Ucraína: Asociación creada en Galicia para dar cobertura aos civís que escapan da guerra en Ucraína, ofrecendo axuda inmediata ás persoas desprazadas.

- Manuel Martín: Portavoz da plataforma SOS SANIDADE Pública de Galicia, polo seu compromiso coa sanidade pública e a súa loita pola atención primaria.

- Fundación Secretariado Gitano: Entidade que traballa pola plena cidadanía das persoas xitanas, mellorando as súas condicións de vida e promovendo a igualdade de trato.

O prazo de votación abrirase o un de marzo e permitirá á cidadanía comprometida cos Dereitos Humanos elixir as candidaturas merecedoras deste recoñecemento.

Nove candidaturas aspiran ao Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos 2024