Buscar
08:12h. Miércoles, 24 de Enero de 2018

EXCLUSIÓN SOCIAL

Veira: “Diante das 15 sancións a manteiros e persoas que realizan venda ambulante ás que tivo acceso o BNG a través dos decretos de Alcaldía, preguntámonos onde está o proxecto de inserción laboral para este colectivo anunciado polo Goberno da Ma

O Bloque tivo acceso ao libro de resolucións e decretos levados a toma de coñecemento no último Pleno ordinario nos cales se rexistraron, cando menos, 15 decretos de sancións ou propostas de sancións a persoas destes colectivos por ocupación de vía pública para a venda ambulante non autorizada

Protesta por la exclusión social de las personas migrantes ante la Subdelegación de Gobierno
Protesta por la exclusión social de las personas migrantes ante la Subdelegación de Gobierno

As nacionalistas sinalan que en outubro de 2016 anunciouse moi efusivamente a elaboración dun proxecto que pretendía ofrecer ao colectivo de persoas manteiras e vendedoras ambulantes da cidade unha alternativa laboral para a normalización da súa actividade e ao tempo da súa situación social. Dicíase que se quería «normalizar a súa situación» e «propiciar a súa completa integración a través dunha alternativa laboral», mais pasado xa case ano e medio o Bloque denuncia que as únicas medidas que continúan son as sancionadoras e pregúntase onde están as políticas de integración da Marea Atlántica

A Coruña, 10 de xaneiro de 2018. O BNG vén de presentar esta mañá unha batería de preguntas para a súa resposta escrita para o vindeiro Pleno ordinario de febreiro, interesándose polo Proxecto para a inserción laboral anunciado polo Goberno da Marea Atlántica en outubro de 2016 e destinado a persoas do colectivo manteiro e vendedoras ambulantes.

Deste xeito, a organización nacionalista sinala na súa iniciativa que o Executivo da Marea anunciaba aos medios de comunicación que as áreas municipais de Igualdade e Diversidade e de Emprego e Economía Social traballaban, en colaboración co Foro Galego de Inmigración, nun proxecto para ofrecer ao colectivo de persoas manteiras e vendedores ambulantes da nosa cidade unha alternativa laboral para a normalización da súa actividade e, ao tempo, da súa situación social.

“Asemade, continúan as nacionalistas, o Goberno local sinalaba que o obxectivo deste proxecto eran «normalizar a súa situación» e «propiciar a súa completa integración a través de una alternativa laboral», tal e como advertía a aquela altura a concelleira de Igualdade e Diversidade Rocío Fraga”.

Porén, o BNG, segundo advirten, tivo acceso aos libro de resolucións e decretos levados a toma de coñecemento no último Pleno ordinario nos cales se rexistraron, cando menos, 15 decretos de sancións ou propostas de sancións a persoas destes colectivos por ocupación de vía pública para a venda ambulante non autorizada, o que a xuízo das nacionalista amosa que se están a seguir a realizar actuacións sancionadoras no canto de realizar políticas activas para a integración laboral e normalización social destas persoas.

Do mesmo xeito, o BNG lembra na iniciativa que non é a primeira vez que se interesa polas actuacións da Concellaría de Igualdade e Diversidade a respecto da situación destes colectivos e que a principios de 2017, o propio Grupo Municipal presentaba outra batería de preguntas para a súa resposta escrita a respecto das medidas que estaba a levar a cabo o Executivo para esta inserción socio-laboral das persoas sen papeis e as persoas do colectivo manteiro, mais denuncian que non obtiveron resposta a aquela iniciativa.

“É por iso, continúan as nacionalistas, que volvemos preguntar por este proxecto, se existe, que resultados está dando, se non existe, o por que non se levou a cabo, e se existen itinerarios laborais e solicita cuantificar o número de persoas beneficiadas por estes”.

“En outubro de 2016 anunciouse moi efusivamente a elaboración dun proxecto que pretendía ofrecer ao colectivo de persoas manteiras e vendedoras ambulantes da cidade unha alternativa laboral para a normalización da súa actividade e ao tempo da súa situación social. Dicíase que se quería «normalizar a súa situación» e «propiciar a súa completa integración a través dunha alternativa laboral», mais pasado xa case ano e medio as únicas medidas que somos quen de observar seguen sendo medidas sancionadoras; preguntámonos onde están as políticas de integración da Marea Atlántica”, conclúe a portavoz nacionalista no concello Avia Veira.