PLENO MUNICIPAL

Coruña impulsa o proceso de consulta popular sobre os terreos portuarios

Tamén se aprobou a moción conxunta para a creación dun Consello Local de Saúde.

Coruña impulsa o proceso de consulta popular sobre os terreos portuarios
Plataforma Defensa do Público, no pleno do Concello este luns
A Comisión de Defensa do Común, no pleno do Concello este luns

O futuro dos terreos da Solana e dos peiraos será decidido nunha consulta a toda a cidadanía, tal e como propuxera a Comisión en Defensa do Común e como hoxe levaron ao pleno o grupo da Marea e o do BNG nunha moción conxunta. "Queremos que a veciñanza responda ao desafío de decidir como quere que sexa a cidade dos próximos séculos", indicou o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, segundo a nota de prensa remitida esta noite polo gobernó municipal.

A moción aprobouse cos votos positivos do grupo de Goberno e o BNG, a abstención do PSOE e a negativa do PP.

Ademais, o texto tamén acorda que o Pleno municipal apoie de forma pública a manifestación convocada pola Comisión Aberta en defensa do Común para o próximo 7 de maio.

CONSELLO MUNICIPAL DE SAÚDE

A Cámara municipal tamén aprobou por unanimidade unha moción conxunta para a creación dun Consello Local de Sáude. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, explicou que este órgano de carácter consultivo ten como obxectivo funcionar como "un instrumento de participación cidadá que se constitúa como lugar de debate e achegas de cara a desenvolver políticas destinadas a mellorar a saúde da poboación coruñesa". A moción foi presentada en base a unha petición do colectivo SOS Sanidade Pública, que entende que este órgano de carácter consultivo pode ser un espazo de participación multisectorial da cidadanía coruñesa.


 

Coruña impulsa o proceso de consulta popular sobre os terreos portuarios