BNG | nota de prensa

O BNG presenta unha batería de preguntas sobre a prevención da ludopatía na cidade da Coruña

A concelleira nacionalista Avia Veira rexistrou unha iniciativa para comprobar se o Goberno Local está a cumprir coa moción aprobada por unanimidade no pleno de outubro de 2019
O BNG presenta unha batería de preguntas sobre a prevención da ludopatía na cidade da Coruña
Avia Veira
Avia Veira

A Coruña, 11 de agosto. O Grupo Municipal do BNG vén de rexistrar unhas preguntas escritas para coñecer o grado de cumprimento da moción aprobada por unanimidade na sesión plenaria de outubro de 2019.

Avia Veira lembra que aquela moción recollía medidas a nivel estatal, galego e municipal: algunhas son hoxe unha realidade, outras cumpríronse mais cómpre afondar en medidas que vaian por esa liña e outras están aínda por cumprir.

O BNG quere coñecer se o Goberno local mantivo conversas co Goberno do Estado e coa Xunta de Galiza, con esta última nomeadamente no que tan a ver co anteproxecto da Lei do xogo de Galiza que segue sen levarse ao Parlamento Galego.

No que ten a ver co eido municipal, a concelleira nacionalista inquire ao Goberno sobre se se estudaron vías de colaboración entre a Policía Local e a Policía Nacional para o control de entrada nos estabelecementos de apostas e xogo, se se tomaron medidas para prohibir a publicidade de apostas e xogo en instalacións e soportes dependentes do Concello da Coruña e se aumentou o número de charlas nos centros de ensino para a prevención de ludopatías e outras adiccións sen substancia.

“Por que non iniciou o Goberno Local ningunha campaña de impacto masivo sobre o efecto que o xogo e a ludopatía ten sobre a vida das persoas e a súa contorna?”, preguntan desde a formación nacionalista na súa iniciativa.

Por último, desde o Bloque pregúntanlle ao Goberno de Inés Rey se ten pensado aumentar a contía do convenio con Agalure dado que leva dous anos conxelado, tendo en conta ademais que nese tempo si aumentaron outros convenios con entidades que tratan outros tipos de adiccións.

O BNG presenta unha batería de preguntas sobre a prevención da ludopatía na cidade da Coruña