A Deputación cataloga nun libro os 587 reloxos de sol da provincia

A sede da Deputación acolleu esta xoves a presentación do libro Relojes de sol en el patrimonio construido civil, religioso, militar y etnográfico de la provincia da Coruña, que cataloga de xeito exhaustivo os 587 reloxos de sol existentes nos 93 concellos coruñeses.
A Deputación cataloga nun libro os 587 reloxos de sol da provincia
González Formoso, cos autores do libro este xoves na Deputación
González Formoso, cos autores do libro este xoves na Deputación.

Os autores do libro son José Manuel Yáñez, xefe do servizo de Arquitectura da Deputación e doutor en Historia do Arte, e Antonio José Cañones Aguilar, experto gnomomista e membro da Asociación de Amigos de Reloxos de Sol. Na obra catalogan os reloxos  segundo a súa ubicación, tipo, forma, estado de conservación ou data de orixe.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso lembrou que o libro, editado pola Deputación, é o resultado dunha longa e rigurosa investigación que Yáñez e Cañones comezaron nas comarcas de Ferrolterra e Eume en 2003 e que "pouco a pouco foi extendéndose e compilando os datos e contando a historia de cada un dos reloxos de sol existentes na provincia da Coruña".

Na segunda parte do libro, a máis extensa, conta con mapas das comarcas e municipios coruñeses onde se ubican os reloxos de sol e realizase unha catalogación exhaustiva dos mesmos, incluindo fotografías do estado actual de cada un deles. Nas fichas de cada reloxo detallanse polo miúdo os seus datos e historia, situándoa no contexto físico do edificio no que se ubica.

A Deputación cataloga nun libro os 587 reloxos de sol da provincia