diversidade

O Atlantic Pride consolídase en A Coruña como o grande Orgullo do Norte

A Coruña énchese de cor, diversidade e música un ano máis co Atlantic Pride, o festival que converte a cidade herculina nun referente estatal de celebración da liberdade afectiva, sexual e de identidade. Desde a súa primeira edición no ano 2019, este evento gratuíto e inclusivo, promovido pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO) e o Concello da Coruña, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic, non deixou de medrar ata consolidarse como un dos grandes encontros do Orgullo a nivel estatal.

 

O Atlantic Pride consolídase en A Coruña como o grande Orgullo do Norte
orgullo
orgullo

Nado coa vontade de facer da Coruña a “capital do bo ambiente e da celebración sen distincións nin barreiras”, o Atlantic Pride acadou o seu pico de asistencia na edición de 2023, cunha cifra histórica de 40.000 persoas. En 2024, foron ata 30.000 asistentes nas diferentes citas do programa que se celebra por toda a cidade. Nesta sexta edición o evento espera volver a xuntar a milleiros de persoas para celebrar a diversidade. 

Este ano, o festival celebra unha nova edición entre o 6 e o 13 de xullo, cun cartel artístico que combina grandes nomes do panorama nacional como Judeline, Edurne ou Jimena Amarillo, con propostas galegas que seguen a gañar presenza: Leria, De Ninghures, Alana ou Agoraphobia son só algúns exemplos do talento da casa que terá o seu espazo no escenario.

A programación desenvolverase entre a Praza de Pontevedra e os Xardíns de Méndez Núñez, cunha completa axenda que mestura concertos, espectáculos drag, DJ sets e actividades culturais. Entre os nomes máis destacados do cartel tamén figuran artistas como Nia, Merche, Paula Koops, Samantha Ballentines, David Civera, Kuve, Anabel Conde ou RRRita, nunha aposta firme pola diversidade de estilos e expresións artísticas.

O domingo 13 de xullo, a entrega de premios do IV Certame de Literatura LGTBIQ+ marcará o peche simbólico dun festival que vai máis alá do musical para reivindicar tamén a palabra e a creación como espazos de resistencia, visibilidade e orgullo.

O Atlantic Pride segue a facer historia na cidade, consolidando A Coruña como un espazo de liberdade e encontro no que a diversidade é celebrada a pé de rúa. Un Orgullo do Norte que cada vez é máis de todas.

 

Programación completa

DOMINGO, 6 DE XULLO

Praza de Pontevedra

  • 20:00 WICKHÉ?!: Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed (Parte I)
  • 20:45 DESCANSO
  • 21:00 WICKHÉ?!: Arantxa Castilla-La Mancha & OnyX Unleashed (Parte II)
  • 21:30 de ninghures
  • 22:45 cool nenas

LUNS, 7 DE XULLO

Praza de Pontevedra

  • 20:00 La Kristopher (DJ)*
  • 21:00 yasmine lutar
  • 21:30 liteah
  • 22:00 ELBA
  • 23:15 RRRITA
  • 23:45 lA kRISTOFER (DJ)

MARTES, 8 DE XULLO

Praza de Pontevedra

  • 20:00 DJ LICHO
  • 21:00 RIVADULLA
  • 22:30 AGORAPHOBIA
  • 23:30 DJ LICHO

MÉRCORES, 9 DE XULLO

Praza de Pontevedra

  • 20:00 KRIS K DJ
  • 21:00 LERIA
  • 22:15 ESCARLATINA PIER
  • 22:30 ALANA
  • 23:30 KRIS K DJ

XOVES, 10 DE XULLO

Xardíns de Méndez Núñez

  • 20:00 DJ 90
  • 21:00 JIMENA AMARILLO
  • 22:45 NIA
  • 0:00 MERCHE
  • 0:30 DJ 90

VENRES, 11 DE XULLO

Xardíns de Méndez Núñez

  • 20:00 DJ CÉS
  • 21:30 ARIEL REC & GAYLICIA
  • 22:15 PAULA KOOPS
  • 23:45 ARIEL REC & GAYLICIA
  • 0:15 JUDELINE
  • 1:15 CASCALES

SÁBADO, 12 DE XULLO

Xardíns de Méndez Núñez

  • 20:00 DJ ESPINOSO
  • 21:15 SAMANTHA BALLENTINES
  • 21:45 TURISTA SUECA
  • 23:00 MAYO
  • 0:00 SAMANTHA BALLENTINES
  • KELLY AMETHYST
  • 0:30 EDURNE

DOMINGO, 13 DE XULLO

Xardíns de Méndez Núñez

  • 19:30 ENTREGA DE PREMIOS IV CERTAME DE LITERATURA LGTBIQ+
  • 20:00 DJ Flashback
  • 21:00 Anabel Conde
  • 21:45 Kuve
  • 22:30 David civera
  • 23:30 DJ flashback

O Atlantic Pride consolídase en A Coruña como o grande Orgullo do Norte