Distrito Mallos
Consumir con sentidiño: mercar no barrio é crear futuro
Moitas destas grandes plataformas nin cotizan no noso país nin xeran valor directo na nosa contorna. Ademais, os algoritmos que empregan están deseñados para manter a nosa atención enganada, levando a compras impulsivas e pouco conscientes. Non se trata de demonizar o consumo en liña, senón de facelo con sentidiño: pensar antes de mercar, valorar se esa compra podería facerse no comercio de proximidade, que sí contribúe a manter emprego, dinamismo e identidade no barrio.
É tempo de rebaixas, e tamén de facer barrio. Desde a Asociación do Comercio e a Hostalaría dos Mallos queremos convidarte a apostar polo noso: polo comercio local, pola xente que coñeces, polos negocios que fan que cada día Mallos sexa máis vivo.
Convidámoste tamén a descargar a nosa app EuMallos, unha ferramenta feita para ti, coa que terás vantaxes exclusivas e poderás contactar de forma directa cos establecementos asociados. Un xeito sinxelo de estar máis preto do que é noso.
E xa para despedirnos vos desexamos un verán cheo de alegría, descanso salvo nas nosas Festas do Barrio na que haberá que botar uns bailes... e unhas compras de barrio xeitosas feitas con sentidiño.
Boas Festas!
A Xunta Directiva do Centro Comercial Aberto Distrito Mallos.