os mallos

Os Mallos en festas: música, alegría e sabor do 27 ao 29 de xuño

O último fin de semana de xuño, o barrio dos Mallos celebra as súas festas de verán cunha programación chea de música, cultura, gastronomía e diversión para todos os públicos. Do venres 27 ao domingo 29 de xuño, as rúas do barrio énchense de música, reencontros e bo ambiente. Tres días para gozar en compañía e celebrar o orgullo de barrio.
Os Mallos en festas: música, alegría e sabor do 27 ao 29 de xuño
Festas Os Mallos
Festas Os Mallos

As festas están organizadas pola Asociación Veciñal Os Mallos – Plataforma, en colaboración co Concello da Coruña.

Venres 27 de xuño – Comezan as festas

Rúa Ángel Senra

  • 19:00 a 21:00 h – Sesión musical con DJ Pukas
  • 20:00 h – Lectura do pregón a cargo do showman e speaker Dani Rodríguez
  • 20:30 h – Homenaxe ás fundadoras do histórico Club Feminino Karbo
  • Desde as 22:00 h – Gran verbena coa orquestra Saudade, ata que o corpo aguante

Sábado 28 de xuño – O barrio en plena festa

Durante a mañá – Pasarrúas coa agrupación tradicional Aturuxo. Rúa Antonio Viñes (chafrán – Casa da Collona)

  • 13:00 h – Maxi vermú co grupo Mar Davila. 

Rúa Diego Delicado (Bar Esquina de Oro)

  • 13:00 h – Sesión-concerto co grupo Rock The Homeless e DJ Pukas

Churrascada popular organizada pola Peña Tralla Brava. (Venda anticipada de tickets no Bar Esquina de Oro). 

Rúa Ángel Senra

  • 17:00 a 20:30 h – Actividades para público familiar:
    • Festa da escuma
    • Actuación e Obradoiro de maxia con Charly Brown
  • Desde as 21:00 h – Verbena con DJ Javito e a orquestra Brigantium

Domingo 29 de xuño – Despedida con sabor a barrio

  • Durante a mañá – Pasarrúas a cargo dos Kilomberos

Rúa Diego Delicado (Bar Esquina de Oro)

  • 13:00 h – Maxi vermú co grupo Mar Davila

Estas festas son unha invitación aberta a toda a veciñanza e visitantes para vivir a rúa, a música e a amizade dun barrio que sabe celebrar á súa maneira: con alegría, orgullo e moita festa.

Grazas á Asociación Veciñal Os Mallos – Plataforma por facer posibles, un ano máis, estas festas tan nosas.

Os Mallos en festas: música, alegría e sabor do 27 ao 29 de xuño