Buscar
18:22h. Martes, 16 de Octubre de 2018

O xoves 7 de xuño celebrarase unha mesa redonda sobre a “atención ao paciente ao final da vida” e un “recoñecemento ao Dr Luis Montes”, morto recientemente.

Recoñecemento ao Dr Luis Montes e Dereito a Morrer Dignamente

Ademais de facer unha actualización da lexislación sobre atención sanitaria ao final da vida e de recordar ao Dr Luis Montes tanto na súa actividade profesional na atención aos pacientes terminais como na súa faceta de activista en defensa da sanidade pública, a mesa redonda é unha oportunidade para continuar, máis unha vez, o debate sobre a eutanasia.

O momento político e os cambios sociais fan necesario ter este debate na sociedade, entre a cidadanía. Debemos lembrar que no 2017 o grupo parlamentario Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea presentou unha proposta de eutanasia que foi rexeitada, Ciudadanos tamén tramitou unha proposta de coidados paliativos e agora o grupo do PSOE presenta unha nova iniciativa sobre eutanasia, rexistrada o 3 de maio, que está pendente de ser evaluada no Congreso.

Actividade: Mesa redonda

 

Tema:

  1. Facer un recoñecemento ao Dr Luis Montes, persoa significada na atención do paciente terminal e perseguido precisamente por realizar esta actividade profesional en urxencias do hospital Severo Ochoa de Leganés (Madrid).
  2. Normativa sobre a atención ao paciente ao final da vida e sobre o documento de Instrucións Previas

 

Data: Xoves 7 de xuño, ás 19:30 horas

Lugar: Salón de actos da ONCE, no Obelisco. A Coruña

Organiza: SOS Sanidade Pública de A Coruña e a asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD)

Participan na mesa redonda:

 

  • Modera Demetrio Vázquez, (SOS).

 

Interveñen

  • Isabel Blanco, médica do SERGAS e Directiva de DMD.
  • Ramón Veras, médico do SERGAS e voceiro de SOS Sanidade Pública da Coruña.
  • Ascensión Cambrón, profesora de filosofía do dereito da UDC, foi membro do comité de ética do CHUAC e actualmente presidenta de DMD Galicia