Memoria democrática

Luísa Viqueira, unha vida de dignidade e loita lembrada no Memorial Carlos Parrado

O programa Memorial Carlos Parrado. A nosa historia dedica este mes á figura de Luísa Viqueira Landa, unha muller coruñesa símbolo da resistencia e do compromiso durante a Guerra Civil e no exilio mexicano. A palestra será o 26 de xuño, da man do escritor Manuel Miragaia.
Luísa Viqueira, unha vida de dignidade e loita lembrada no Memorial Carlos Parrado
Luísa Viqueira: unha historia de dignidade para contar
Luísa Viqueira: unha historia de dignidade para contar

No marco do ciclo Memorial Carlos Parrado. A nosa historia, a veciñanza está convidada a realizar un necesario exercicio de memoria democrática. Este mes, a homenaxe está centrada na figura de Luísa Viqueira Landa, unha coruñesa loitadora incansable durante a Guerra Civil e activista comprometida no exilio mexicano, onde continuou a súa defensa dos valores democráticos e da cultura galega.

O acto central da conmemoración será a palestra titulada “Luísa Viqueira: unha historia de dignidade para contar”, que terá lugar o xoves 26 de xuño ás 20:00h no local veciñal. A sesión será impartida por Manuel Miragaia Doldán, escritor galego, exprofesor, socio e colaborador habitual da asociación organizadora, así como autor do artigo Luísa Viqueira: exemplo de activismo antifascista, democrático e cultural, publicado na revista da Fundación Terra e Tempo.

A actividade está aberta a todo o público e a entrada é libre e de balde. Unha oportunidade para achegarse á vida dunha muller que representa a dignidade da loita pola liberdade, a cultura e os dereitos fundamentais.

Luísa Viqueira, unha vida de dignidade e loita lembrada no Memorial Carlos Parrado