Diversidade
Risas e herdanza chegan a escena con “Vila Herdanza”, a nova comedia do grupo de teatro
Este sábado 28 de xuño ás 18:00h, o grupo da actividade de teatro convida á veciñanza a gozar da súa representación de final de curso: “Vila Herdanza”, unha divertida peza de microteatro de comedia escrita e dirixida por Javi Tink.
A obra céntrase na peculiar historia de unhas curmás e un curmán que, tras herdar a casa da súa tía Maruxa —falecida recentemente—, deciden transformar o antigo fogar familiar nun negocio de turismo rural. O escenario elixido para esta aventura empresarial e familiar non é outro que o corazón da montaña luguesa: Folgoso do Courel.
Entre recordos de infancia, conflitos de intereses, turistas despistados e moita retranca galega, a montaxe promete boas doses de humor e tenrura, combinando a esencia do teatro de proximidade coa frescura dun guión actual e cheo de enxeño.
A representación terá lugar no local da Asociación Veciñal AGRA, rúa Entrepenas 38 soto, e a entrada será libre ata completar aforo. Trátase dunha oportunidade perfecta para apoiar o talento local e despedir o curso cun sorriso.
“Vila Herdanza” é tamén un recoñecemento ao traballo feito ao longo do ano polo grupo de teatro, que con esta peza pon en valor a creatividade colectiva, o compromiso co idioma e o vínculo entre escena e territorio. Unha herdanza, si, pero tamén unha celebración compartida.