Xenocidio en Gaza

A Rede Galega pola Palestina convoca unha Marcha do Retorno na Coruña

A Rede Galega pola Palestina, co apoio do movemento BDS, chama á cidadanía a participar na Marcha do Retorno que terá lugar o vindeiro 15 de maio na Coruña. A mobilización, que comezará ás 19h30 no Obelisco e rematará na Praza de María Pita, busca visibilizar a loita do pobo palestino polo seu dereito ao retorno.
A Rede Galega pola Palestina convoca unha Marcha do Retorno na Coruña
cartel 15 Nakba 2025 Coruña
cartel 15 Nakba 2025 Coruña

A Coruña, 15 de maio de 2025 - A marcha desenvolverase a través dun percorrido simbólico polas rúas Real e Riego de Auga, con paradas en puntos clave que representan datas significativas na historia de Palestina. Esta iniciativa únese ás "Marchas do Retorno" que se celebran en toda Galiza, evocando as grandes mobilizacións que tiveron lugar en Palestina entre 2018 e 2019.

As chaves, símbolo central destas marchas, representan a esperanza do pobo palestino de poder regresar aos seus fogares, dos que foron desprazados. A Rede Galega Pola Palestina anima á participación masiva nesta acción de solidariedade.

A Rede Galega pola Palestina convoca unha Marcha do Retorno na Coruña