Música

Hoxe é o día! Galicia Molona retoma a súa actividade cos concertos de Wetsocks e Candy’s Freckles

 A asociación cultural regresa da man de Wetsocks e Candy’s Freckles, dúas das bandas emerxentes máis prometedoras de A Coruña. 

Hoxe é o día! Galicia Molona retoma a súa actividade cos concertos de Wetsocks e Candy’s Freckles
galicia molona 1-02
galicia molona 1-02

A Coruña. 19 de novembro de 2021. 

Hoxe a Asociación Cultural Musical Galicia Molona retoma a súa actividade, con 2 concertos na Sala Filomatic (A Coruña). Entre as 22:00 e as 00:15 horas, Wetsocks e Candy's Freckles farán vibrar ao público co seu rock e folk psicodélico. 

Agárdase un sold out e non é para menos, xa que o público herculino poderá desfrutar de dúas das bandas emerxentes de maior proxección na escena alternativa galega. 

Desta forma, o colectivo cultural Galicia Molona regresa ás salas de A Coruña nunha noite de música que se augura espectacular e que, sen dúbida, converterase nunha reivindicación da esfera local e o seu gran poderío. 

Hoxe é o día! Galicia Molona retoma a súa actividade cos concertos de Wetsocks e Candy’s Freckles