Fundación Manuel María | nota de prensa

As Lúas de Outono, de mañá martes, lembrarán a Saleta Goy, compañeira de vida de Manuel María

O espectáculo central será  a representación d’A lúa vai encuberta , con Tito Asorey,  Melania Cruz, Vanesa Sotelo e Davide González

Uxía porá a nota musical de homenaxe a Saleta Goy con pezas dedicadas a ela

As Lúas de Outono, de mañá martes, lembrarán a Saleta Goy, compañeira de vida de Manuel María
cartón dixital
cartón dixital

A Coruña, 19 de setembro de 2022.- A Fundación e Casa-Museo Manuel María celebra mañá, martes, día 20 de setembro, ás 20.30 hrs, no Teatro Rosalía Castro, a XIIIª edición de Lúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María. Edición a deste ano que terá unha especial lembranza de Saleta Goy, presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos e compañeira de vida de Manuel María, recentemente falecida.

O espectáculo central deste ano será a representación d’A lúa vai encuberta, con Tito Asorey, Melania Cruz, Vanesa Sotelo e Davide González, obra baseada na peza homónima de Manuel María e que leva cáseque cincuenta representacións desde que foi estreada hai un ano. A obra é un verdadeiro mestrado sobre a historia contemporánea de Galiza desde unha óptica propia, ao tempo que un chamamento á acción para a modificar.

Tras a representación teatral, Uxía Senlle cantará algún dos poemas que Manuel María lle dedicou á súa compañeira de vida, Saleta Goy, que o pasado sábado, día 10 de setembro falecía na cidade da Coruña. 

A entrada para este espectáculo, que conta coa axuda e colaboración do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña, é gratuíta mais é necesario reservar billete en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. No caso de sobrar billetes, poranse unha hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do teatro Rosalía Castro
As Lúas de Outono, de mañá martes, lembrarán a Saleta Goy, compañeira de vida de Manuel María