Paz y Noviolencia
Así será a exposición do Nonviolencia Activa Fest
A terceira edición do Nonviolencia Activa Fest (https://mundosenguerrascoruna.wordpress.com/nonviolencia-activa-fest-2026/) reunirá as obras de 11 artistas nunha exposición que se inaugurará o vindeiro 14 de febreiro no Centro Social Ágora da Coruña.
11 feb 2026
A mostra reunirá diferentes miradas, linguaxes e sensibilidades artísticas arredor dunha idea común: a nonviolencia como ferramenta de transformación social. A exposición incluirá cadros de distintos estilos e técnicas, ofrecendo unha experiencia plural e enriquecedora para o público. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.
O Nonviolencia Activa Fest, organizado por Mundo Sen Guerras e Sen Violencia A Coruña, é un encontro cultural que combina artes plásticas e música en directo para reivindicar a paz, os dereitos humanos e o compromiso colectivo fronte a todas as formas de violencia. Tras a inauguración da exposición, terá lugar a gala do festival, coas actuacións de Belém Tajes, Feral Booty, Misuria Blues e Planète Sauvage, nunha celebración aberta ao público que une creación artística e activismo.
A exposición contará con obras de Roke Armas, Chelo Facal, Alberto Franco, Begoña Pastoriza, Roiayer, Lola Saavedra, Bego Tojo, M. Touzón, Gosia Trebacz, Nena Ventura e Xulia Weinberg. Todos e todas elas son artistas recoñecidos en Galicia non só polo seu talento e creatividade, senón tamén polo seu constante compromiso coa arte, coa cultura e coa difusión da noviolencia.
A presentación da mostra realizarase ás 17:30 horas, de man de M. Touzón e Chelo Facal, nunha visita guiada que permitirá coñecer de primeira man o espírito do festival e as intencións das obras. O montaxe e deseño da exposición corren a cargo de Gosia Trebacz, e a mostra poderá visitarse durante unha semana no Centro Social Ágora, ofrecendo a oportunidade de achegarse á creación artística comprometida coa noviolencia.
A exposición do Nonviolencia Activa Fest non só amosa o talento individual de cada artista, senón tamén o poder da colaboración e do encontro. É unha invitación a reflexionar sobre outras formas de relación, de creación e de convivencia, onde a arte se converte nunha ferramenta de transformación social e emocional.