Anonimato e impunidade nas redes

Na internet, o anonimato garante a impunidade para a maldade en todas as súas manifestacións.

Vemos que con esta ferramenta pódese difamar e atacar a persoas, sen que teña ningunha consecuencia para os agresores. Queremos desde que aquí mostrar o noso apoio as persoas que foron victimas destes ataques. Sorpréndeme que os gobernos non obriguen ás multinacionais tecnolóxicas como Google, Meta ou Microsoft a verificar de oficio a identidade dos seus usuarios.

O colmo da hipocresía son as verificacións de pago como a implementada por Elon Musk en Twitter que deixa intacta a súa bolsa de preto da metade de contas anónimas ou falsas.

Nos últimos anos, a UE e os seus países membros lexislaron de maneira moi estrita a protección de datos e a privacidade, de tal maneira, que en moitos casos abriuse unha porta para incumprir as leis de transparencia promulgadas con anterioridade.

Ante os novos avances como o recoñecemento facial ou a intelixencia artificial, os gobernos deben lexislar con rapidez, esixindo maior transparencia corporativa ás empresas e unha maior rastrexabilidade a todo o que se faga dixitalmente.

Non basta con obrigar á transparencia dos algoritmos, hai que ir moito máis alá ata terminar coa opacidade que agora é a norma nas multinacionais. Tense que regular para que estes ataques non queden na mais absoluta impunidade