Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana
Nota aclaratoria sobre o convenio urbanístico mixto de planeamento e execución para o desenvolvemento da área de planeamento incorporado api q28 “parque de Oza-Gaiteira ”.
Dende a asociación veciñal e cultural Oza Gaiteira Os Castros presentáronse no seu día as alegación ao CONVENIO URBANÍSTICO MIXTO DE PLANEAMENTO E EXECUCIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA ÁREA DE PLANEAMENTO INCORPORADO API Q28 “PARQUE DE OZA-GAITEIRA”.
Unha vez vista a contestación do Concello as ditas alegacións dende o noso colectivo solo podemos mostrar a nosa satisfacción pola aprobación, no pleno do Concello da Coruña do Convenio subscrito entre o Concello e a Xunta de Compensación do API Q28 “Parque de Oza-Gaiteira ”
O citado convenio permitirá comezar a desbloquear o desenvolvemento dunha importante unidade urbanística do barrio que estivo paralizada durante moitos anos o que non só impediu a súa materialización senón que, ademais, imposibilitou que os dereitos edificatorios de moitos pequenos propietarios e veciños do barrio puidéranse realizar.
O acordo plenario posibilita que na unidade urbanística desenvólvase un modelo urbanístico avanzado, ecolóxico e ambiental baseado no concepto de “supermazá” (supermanzana) fronte ao modelo totalmente trasnoitado consistente en mamotretos de vivendas e rúas que propoñía a ordenación de 1998.
Da mesma forma, nesta nota conxunta, A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA Coruña) manifesta o seu apoio as declaracións e posición expresadas pola asociación veciñal federada, a Asociación veciñal de Oza-Gaiteira e Os Castros, que, como entidade representativa da área, manifestou, privada e públicamente, a súa satisfacción polo resultado final da aprobación en pleno do Concello da Coruña do Convenio subscrito entre o Concello e a Xunta de Compensación do API Q28 “Parque de Oza-Gaiteira”.
Ao longo de todo o proceso, a Federación foi consciente do manifesto interese da Asociación por recoller adecuadamente as consideracións e o pulso veciñal de forma constructiva e dialogante e a vontade, como entidade representativa, de manifestar de forma responsable e con visión de futuro a importancia que para os barrios da contorna ten permitir desbloquear un desenvolvemento urbanístico adecuado atendendo sempre aos logros e avances dos intereses colectivos, como a consecución de maior solo para vivendas de protección oficial, espacios públicos e zonas verdes, e superador das limitacións, condicionantes e parálise dos modelos previos.