Geoeconomía

O BNG rexeita o acordo arancelario "servilista" entre a UE e os EUA

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifestou hoxe o seu rotundo rexeitamento ao acordo arancelario acadado entre a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, cualificou o pacto de "humillante" e "servilista", criticando duramente a submisión da Unión Europea (UE) ás políticas estadounidenses.
O BNG rexeita o acordo arancelario "servilista" entre a UE e os EUA
Ana Miranda
Ana Miranda

Bruxelas, 28 de xullo de 2025 – Ana Miranda subliñou que este acordo non é máis que unha "submisión por parte da Unión Europea ás políticas dos Estados Unidos, tanto as políticas belicistas como tamén as políticas económicas". Segundo a eurodeputada, a UE está actuando "como servos", unha postura que o BNG rexeita "radicalmente". Para Miranda, o acordo prexudica gravemente as maiorías sociais europeas e acentúa a dependencia e o servilismo da UE fronte aos EUA.

Un acordo que perxudica os sectores produtivos e fomenta enerxías fósiles

A eurodeputada galega denunciou que o acordo "está fomentando políticas de apoio a enerxías fósiles das industrias extractivas e, por suposto, a industria armamentística e bélica". Ademais, criticou duramente a falta de protección para os sectores produtivos europeos, a pesar de que a Unión Europea ten competencia exclusiva en política comercial. "Estase vendendo totalmente o sistema bancario estadounidense, económico e armamentístico", sentenciou Miranda.

O BNG insiste na necesidade dunha revisión deste tipo de decisións, xa que, segundo Ana Miranda, "os pobos europeos van ser os máis afectados por este tipo de decisións de servilismo económico e de servilismo armamentístico". A formación nacionalista rexeita calquera nova cesión de competencias que vaia en detrimento dos intereses e da soberanía dos estados membros da UE.

O BNG rexeita o acordo arancelario "servilista" entre a UE e os EUA