Distrito Mallos

Despedida de ano do Distrito Mallos

No Centro Comercial Aberto Distrito Mallos queremos despedir este ano co orgullo de seguir formando parte dun barrio vivo, dinámico e comprometido. Un ano máis demostramos que contar cun tecido comercial forte non só garante servizos de calidade, senón que crea vínculos, xera valor directo e dá vida ás rúas que compartimos cada día.
Despedida de ano do Distrito Mallos
Distrito Mallos
Distrito Mallos

Estamos fondamente agradecidas e agradecidos pola confianza que o noso tecido asociativo deposita en nós. Grazas a iso podemos impulsar campañas comerciais que premian a nosa veciñanza, e consolidar eventos festivos tan nosos como o Samaín ou o Mallosto. Momentos nos que maiores e cativada gozamos xuntas e xuntos dun barrio do que nos sentimos profundamente orgullosas e orgullosos.

Porque no Distrito Mallos non somos só comercio: somos comunidade. Queremos seguir traballando en 2026 da man das persoas que viven, traballan e soñan neste barrio, así como doutras entidades e iniciativas que axudan a poñelo en valor. O noso compromiso é continuar dando vida, participando activamente e contribuíndo a construír o barrio que todas e todos merecemos.

Para despedir o ano, convidámosvos a participar coa vosa ilusión e coas vosas compras na nosa Chuvia de Premios, coa Ruleta de Nadal que celebraremos o día 23 na rúa Ángel Senra. Podedes atopar máis información nas nosas redes sociais, na nosa app EuMallos e nos comercios asociados.

Os nosos mellores desexos para un 2026 cheo de acción, colaboración e comunidade.

Grazas por facer dos Mallos un lugar no que sempre apetece quedar.

Despedida de ano do Distrito Mallos