touro_amd2

A Fiscalía solicita 2 anos de prisión e inhabilitación para os responsables da mina de Touro por delitos ambientais

O Ministerio Fiscal acaba de notificar a Ecoloxistas en Acción a súa intención de demandar penas de cárcere e inhabilitación para os propietarios da mina de Touro, Explotacións Galegas SL, por verteduras ilegais con metais pesados. A organización ecoloxista e a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non instan á Xunta a retirar o status de "proxecto estratéxico" ao complexo mineiro e arquivar a súa reapertura.